Coñece os nosos servizos e descubre en que te podemos axudar

sanchez clínica dental sanchez clínica dental

Na clínica Sánchez abranguemos as áreas de diagnóstico e tratamento propias dunha consulta de odontoloxía xeral, pero con especial dedicación á implantoloxía, á ortodoncia e á radioloxía dental.

Contacta con nós

implantoloxía

En Implantoloxía traballamos cun sistema de implantes sobresaínte a nivel mundial: Straumann® Dental Implant System.

Trátase dun fabricante suízo cunha ampla experiencia, cuxos produtos son o resultado dunha longa investigación científica e clínica. Ademais, é unha das firmas pioneiras en lanzar innovacións que facilitan o traballo na consulta e que, polo tanto, proporcionan mellores resultados a longo prazo.

Todo isto fai de Straumann un dos implantes cunha maior taxa de éxito das moitas marcas de implantes dipoñibles no mercado.

Salientar que na nosa clínica empregamos compoñentes orixinais da casa Straumann para confeccionar as próteses que se colocan sobre ditos implantes. Facémolo así porque o resultado final do tratamento depende, non só do propio implante, senón das pezas que unen as próteses a dito implante (chamadas piares), tanto en próteses fixas (coroas e pontes) como en dentaduras removibles.

Ortodoncia

Na área da Ortodoncia levamos traballando máis de 10 anos co sistema P.O.S. (Progressive Orthodontic System) que desenvolveu o concepto IP (Individual Patient).

Trátase dun sistema de brackets, bandas e arcos personalizados para cada caso. Así eleximos un bracket concreto para cada dente de cada paciente en función do tipo de tratamento: con/sen extraccións, avanzando/retrasando a posición dos dentes, pechando ou abrindo a mordida,…

Isto facilítanos o manexo do caso pero, aínda máis importante, permítenos obter mellores resultados para beneficio dos nosos pacientes.

Un factor básico para acadar o éxito nos tratamentos odontolóxicos é un bo diagnóstico e para isto resulta clave a Radioloxía dental.
Por este motivo  no noso novo centro dispoñemos de dous aparatos de radioloxía intraoral (para radiografías de pequeno tamaño) moi útiles para ver en detalle caries e lesións de dentes individuais ou de grupos pequenos de dentes. Usámolos conxuntamente cun aparato de escaneado (Pspix) que nos  permiten reducir a dose de radiación para o paciente e poder ver ditas radiografías en poucos segundos. Todos  son da marca Satelec Acteon.

Radioloxía

Pero a novidade na clínica Sánchez é que temos incorporado un equipo de radioloxía de formato grande co que obter radiografías Panorámicas (dannos unha visión xeral do estado da boca) e radiografías en tres dimensións (tecnoloxía CBCT), coñecidas tamén  co nome de Scanners.

Entre as principais utilidades de ditos Scanners destaca a de valorar a disponibilidade ou non de óso suficiente para poñer implantes, ademáis de facilitar a colocación dos mesmos coa maior seguridade e precisión posible.

Coa incorporación na nosa clínica desta tecnoloxía de última xeración evitamos que os nosos  pacientes de implantes teñan que trasladarse a centros de Lugo, Santiago ou A Coruña. Ao dispoñer deste aparato na nosa consulta evitámoslles desprazamentos e gastos extra, ao tempo que axilizamos os tratamentos.

Endodoncia

Outra área á que lle concedemos moita importancia é a Endodoncia. A través desta técnica, coñecida coloquialmente como “matar o nervio” podemos conservar pezas dentais con lesións serias que, doutro xeito, terían que ser extraídas. Porque se hai algo que nos parece máis importante incluso que repoñer unha peza perdida (p.e. cun implante) é conservala.

Por suposto, tamén levamos a cabo tratamentos de Hixiene dental e Periodoncia básica, Restauración e Estética dental, Cirurxía Oral menor, Próteses convencionais (fixas e removibles), …

Todo isto facémolo buscando a mellor solución para cada paciente, explicando cales son as diferentes alternativas de tratamento cando hai máis dunha, e orientandolle sobre as vantaxes e inconvenientes de cada unha delas e os seus respectivos custos.

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información