Dámosvos a benvida á clínica dental Sánchez

sanchez clínica dental sanchez clínica dental

Na clínica dental Sánchez, levamos máis de 20 anos coidando da saúde bucal dos nosos pacientes. Día a día tentamos ofrecer un servizo da máxima calidade e unha atención personalizada. A profesionalidade, a implicación e o trato cercano son as nosas ferramentas para acadar os resultados que os nosos pacientes merecen.

Por iso, procuramos contar co equipamento máis moderno, empregar produtos da máxima calidade, así como aplicar as técnicas máis innovadoras. Isto esíxenos ao equipo humano que formamos a clínica unha continua formación e actualización de coñecementos.

Ademais, primamos o confort dos nosos pacientes a través do coidado deseño das nosas novas instalacións. Así por exemplo, a súa accesibilidade permite o uso por persoas maiores, con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas.

Na clínica Sánchez, realizamos traballos de odontoloxía xeral pero ademais somos especialistas en áreas como a implantoloxía, a ortodoncia e a endodoncia.

sanchez clínica dental

O noso equipo

O Dr. José Antonio Sánchez Vizcaíno cursóu estudos de Odontoloxía na Universidade do País Vasco entre os años 1987 e 1992, con mencións honoríficas polo seu magnífico expediente como a consecución da Tesina da carreira Cum Laude.

Despois de licenciarse no verán de 1992 comenza a súa actividade profesional meses despóis en Ponferrada e Vilafranca do Bierzo.

En Setembro de 1994 abre a súa propia consulta no piso 1º del número 28 da Avenida de Toques, onde atende a os seus pacientes ata Febreiro de 2016, cando a traslada ao local situado no baixo do mesmo edificio. Aquí é onde se sitúa agora a nova clínica.

Durante todos estos anos acudiu a numerosos simposiums e congresos para actualizar os seus coñecementos en as diversas técnicas e materiaiss que surdiron. Ademáis realizou cursos de larga duración para especializarse en campos como a Ortodoncia (en Madrid con Proggressive Dental Systems, entre os años 2004 e 2006) e de Implantoloxía (en Madrid con Straumann entre os años 2008 e 2009) e de Perfeccionamiento en Periodoncia entre os años 2010 e 2011 na Facultade de Odontoloxía de Santiago.

Estos cursos realizados permitenlle ampliar o rango de tratamentos que pode realizar e millorar a atención aos seus pacientes,

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información